Música de colores é a proposta que fai Ayuda en Acción para traballar o Día Escolar de la Paz y la No Violencia que se celebrará o vindeiro 30 de xaneiro. O material pretende unir a toda a comunidade educativa (docentes, alumnado, persoal non docente e familias) a través dunha reflexión sobre as barreiras que nós mesmos levantamos para protexernos do medo e que provocan aínda máis medo e intolerancia. Ademáis esta actividade ten coma obxectivo infundir no alumnado a necesidade de comprender o por que das cousas e buscar formas de vencer eses medos en vez de evitalos, así coma construir un mundo máis xusto mediante a promoción do diálogo.

0 comentarios: