E xa marchamos de vacacións. Ata o novo curso. Que disfrutedes do verán.



NESTA ENTRADA do blogue da biblioteca do IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña), atopamos unha referencia a un artigo aparecido na revista Muy Interesante, sobre a importancia da lectura no verán para os nenos e nenas, que ben se pode empregar como argumento coas familias, para implicalos como mediadorese sensibilizalos sobre a importancia da lectura nesta etapa vacacional:
"Leer en verano es muy beneficioso, especialmente durante la infancia. Así lo ha demostrado Richard Allingont y sus colegas de la Universidad de Tennessee (EE UU), que aseguran que si dejamos de leer libros durante las vacaciones parte de las habilidades de lectura se pierden, lo que en los estudiantes supondría un retroceso de dos o tres meses en la capacidad lectora y el manejo del lenguaje. Por el contrario, los niños que leen pueden "ganar un mes de destreza en la lectura" cada verano. Esto supone que cada año se produce una diferencia entre ambos grupos de hasta tres o cuatro meses. Y, por lo tanto, que "cada dos o tres años que pasamos durante la infancia sin lecturas veraniegas implican perder al menos un año de aprendizaje", concluye Allington en la revista Reading Psychology

Por otro lado, un estudio similar realizado por expertos de la Universidad Johns Hopkins sugiere que los efectos acumulativos de no leer en la infancia se notan incluso durante la secundaria y en la universidad. Y que quienes leyeron de forma constante siendo niños están mejor preparados también cuando llega el momento de incorporarse al mundo laboral."
E xa chega o verán... e con el as nosas RECOMENDACIÓNS de lectura.

Os instrumentos musicais preséntanselles aos maís novos da man de Olga Brañas e con colaboradores como Sérgio Tannus, Uxía, Quim Farinha ou Anxo Pintos .
A través da historia da neta dunha directora de orquestra que se achega a coñecer as familias de instrumentos. 
Pitusa Semifusa é o novo libro-disco que acaba de publicar Galaxia na colección Sonárbore para o público infantil. Dez temas de ritmos variados e con multitude de instrumentos, fan parte deste novo proxecto que ilustra Leandro Lamas. 
 
Non podiamos estar máis contentos! Quino recibe o merecido premio do cariño e o recoñecemento de millóns de persoas en todo o mundo. Mafalda, esa nena que odia a sopa, que se preocupa polos problemas da humanidade e que loita pola paz mundial merece unha onda xigante.