O pequeno mago de Roque Cameselle preséntase en tapa dura na colección Merlín. Trátase dun conto que ten como protagonista ao pequeno mago, Bieito Dubidoso, un neno de nove anos.
A través da
historia da súa familia accedemos á de Tui nos tempos medievais: a
relación co poder relixioso, as incursións normandas das que deben
defenderse...
As ilustracións de
Xevi Benitez acompañan o relato e ao final do mesmo, presentaranse como
bocetos en branco e negro, ao lado dun texto que nos sitúa na realidade
histórica. Debemos ter en conta que o autor, Roque Cameselle, tamén o é
do ensaio “A memoria de Tui”, publicado por Xerais no 2002.
Ao tempo que o libro aparece no mercado a película de animación, dirixida polo mesmo autor.
0 comentarios:
Publicar un comentario