ONDE VAI BULI
para nenos e nenas do 2º Ciclo (3º e 4º de Primaria).
Xa estou de volta. Veño de visitar un museo en Noruega.
Non sabedes que frío vai alí!!!
Gústame isto de viaxar, así que vou facer as maletas e
marchar outra vez, pero agora creo que vou visitar un lugar un pouco máis
quente.
Queredes saber onde vou e xogar comigo?
Cada 2 días, a partires do luns 14 de xaneiro,
nos paneis de información dos que dispón a biblioteca nas entradas do cole e
xunto a biblio mesma, aparecerá unha pregunta
e pistas para que indaguedes un pouco e a tratedes de contestar. Serán un total de 4 e cando teñades todas as
respostas, teredes que levalas a biblioteca e deixalas nun buzón que estará dispoñible para tal efecto.
Para participar, hai
que pasar pola biblioteca e solicitar un impreso de participación
que teredes que cubrir co voso nome e curso e no que tamén haberá que poñer as
respostas que vaiades atinando.
De entre todos os
impresos entregados con todas as respostas correctas sortearanse diversos agasallos.
Ánimo, participade pois vai ser unha actividade moi
interesante.

0 comentarios:
Publicar un comentario