O 18 de abril de 1994, ás 6 da tarde, botaba a andar na TVG unha emisión: o XABARIN CLUB, que pronto deixou de ser somentes un programa televisivo, convertíndose nun fenómeno social, nunha icona que foi normalizando a nosa lingua e xerando en nós un sentimento de identidade coa nosa propia cultura: a galega. Estes dias temos o privilexio de formar parte de todos eses centros escolares que acolleron unha mostra de debuxos de 21 afamados ilustradores galegos. Poderedes visitala a carón da nosa biblioteca.
Non falledes nenos e nenas, pais e nais, estades todos invitados.
Facede CLIC na imaxe e levaravos a unha web moi especial acerca deste salientable evento.
0 comentarios:
Publicar un comentario