CURSO 2011-2012
Xa levamos un mes de curso e a biblioteca empeza un ano máis a súa labor. Este ano con novo equipo e con ganas a pesares do escaso tempo que lle poidamos adicar en relación cos anos pasados por cuestións de horarios e de tempo.
Este ano o cole traballará o tema interdisciplinar de Cangas (o noso ben querido pobo) e a biblioteca está xa preparando material e cousiñas para colaborar co traballo de todo o profesorado.
Amáis diso estamos preparando unha sorpresiña dentro da propia biblioteca, xa publicaremos algunha foto cando estea lista.

0 comentarios: